Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA NOVA BIBLIOTECA PÚBLICA, QUE SE UBICARÁ NO ANTIGO CINE ZÁRATE

A Xunta de Goberno Local, celebrada o pasado día 27 de febreiro, adxudicou a redacción do proxecto de construcción da biblioteca pública municipal no edificio do cine Zárate a José María Forteza Oliver, por importe de 45.000€ (IVE engadido).

Segundo comentou o alcalde, Juan Domingo de Deus, trátase dunha importante nova para o Concello de Mugardos, xa que permitirá nun futuro dispor dun edificio propio destinado a usos bibliotecarios.

Back to top