Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CICLO DE TEATRO AFECCIONADO NO CONCELLO DE MUGARDOS

O Casino Mugardés acollerá entre setembro e novembro unha nova edición do Ciclo de Teatro Afeccionado ‘Fegateatro’, promovida pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración co Concello de Mugardos e a Xunta de Galiia, e con entrada de balde.

As actuacións terán lugar nas seguintes datas:

-Sábado 14 de setembro ás 19:00 horas: ‘Arte’ de Hipócrita Teatro.

-Sábado 21 de setembro ás 19:00 horas: ‘Desaquelando’ de Teatro Pesadelo.

-Sábado 28 de setembro ás 19:00 horas: ‘Croquetas’ da Agrupación Teatral Mariñán.

-Sábado 5 de outubro ás 19:00 horas: ‘En venda’ de O Trasno Teatro.

-Sábado 23 de novembro ás 19:00 horas: ‘Mal do miolo’ da Asociación Dramatúrxica Pico de Foz.

Back to top