Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O certificado e o volante de empadroamento son documentos expedidos polo concello que indican a residencia e domicilio habitual. Mentras o certificado é un documento que acredita a residencia e o domicilio habitual; o volante é un documento de carácter informativo. Por regra xeral,o CERTIFICADO esíxese nos casos en que o documento teña que fornecer efectos ante organismos xudiciais, en trámites no Rexistro Civil, declaracións de herdeiros, etc. Pola súa banda, o VOLANTE xeralmente é válido para tramitación do DNI, pasaporte, matriculación de vehículos, trámites municipais, etc.

O certificadoe o volante de empadroamento poden ser de dous tipos: individual ou colectivo.

Dependendo do documento solicitado, a tramitación será distinta:

CERTIFICADO OU VOLANTE DE EMPADROAMENTO INDIVIDUAL: pode obterse directamente  polo/a interesado/a a través da sede electrónica do Concello ou ben de forma presencial na  Oficina Municipal do Padrón, cumprimentando o correspondente impreso de solicitude e aportando DNI.  No caso de que a persoa solicitante non sexa o/a interesado/a, senón un/ha representante deberá acreditarse a autorización (impreso “Autorización xenérica para trámites do padrón de habitantes”, dispoñible na páxina web municipal) acompañando orixinal ou copia do DNI de autorizado/a e autorizante. Se a documentación aportada é correcta o documento entrégase ao momento.

  • Oficina Municipal do Padrón: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á sede electrónica do Concello de Mugardos

Na seguinte ligazón pode acceder á video guía para obter un volante de empadroamento a través da sede electrónica:

Video guía para obter un volante de empadroamento pola sede electrónica

Lémbrase que non fai falta ter unha autentificación permanente no ordenador ou no terminal telefónico para a realización de tramitacións online. As persoas interesadas poderán solicitar de xeito sinxelo e seguro unha Cl@ve PIN temporal (de 24 horas) para a realización de calquera tramitación a través da sede electrónica. Na seguinte ligazón pode accederse á páxina web oficial para a solicitude da Cl@ve PIN temporal (se é a primeira vez que se solicita deberá realizarse o rexistro como usuario previamente):

IR Á LIGAZÓN Obtención de Cl@ve PIN temporal de 24 horas

IR Á LIGAZÓN Rexistro en Cl@ve

CERTIFICADO OU VOLANTE DE EMPADROAMENTO COLECTIVO: para a expedición de certificacións e informes colectivos, comprensivos de todas as persoas inscritas nun mesmo domicilio, será necesario dispor do consentemento de todos os/as inscritos/as na vivenda. Cando as inscricións sexan posteriores á entrada en vigor do regulamento xeral de protección de datos o 25 de maio de 2016, e se teña informado da posible cesión dos datos dos afectados a un terceiro con interese lexítimo e se dispoña da autorización dos empadronados na mesma vivenda outorgada na folla padronal, non será necesario aportar de novo dito consentemento. Noutro caso, deberá cumprimentarse e asinarse o reverso do documento de solicitude, aportando a documentación requerida, esto é, DNI (orixinal ou copia) de autorizante e autorizado/a.+ En caso de que se atopen inscritos fillos/as menores será necesario aportar a documentación que xustifique a relación: libro de familia ou certificado de nacemento. En caso de separación ou divorcio: resolución xudicial que acredite que se obstenta a guarda e custodia acompañada de declaración responsable de proxenitor con resolución xudicial de garda e custodia. Se ésta é compartida, será necesaria a autorización do outro  proxenitor acompañada da súa fotocopia do DNI. (En caso de imposibilidade de poder contar coa sinatura do outro proxenitor deberá acompañar declaración responsable de proxenitor sen resolución xudicial de garda e custodia).De non dispoñerse da autorización ou documentación anteriormente indicada, só poderá facerse constar no certificado ou recollerse no informe o número de persoas inscritas xunto co solicitante.Se a documentación aportada é correcta o documento entrégase ao momento.

  • Oficina Municipal do Padrón: nas oficinas municipais

Avenida de Galicia nº 45, baixo

Horario de atención ao público de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

  • Sede electrónica municipal: require identificación dixital (DNIe/Certificado dixital – Cl@ve PIN – Cl@ve permanente)

IR Á LIGAZÓN Acceder á Sede electrónica do Concello de Mugardos

Back to top