Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CAMPAÑA NEVE 2024

Volven os campamentos de inverno da man da Deputación da Coruña. Incluirán transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

O campamento terá lugar os días do 19 ao 22 de xaneiro e está dirixido a nenos e nenas de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro 2023)

O prezo é de 85€ e as preinscriciósn se realizarán no Rexistro Xeral do Concello.

O día 4 de decembro ás 14:00h se sortearán as prazas, no caso de haber máis de 5 solicitudes terán preferencia as persoas que non asistiron en edicións anteriores.

Máis información na OMIX do Concello de Mugardos  981470338 ext.1 ate o venres 1 de decembro.

https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024

Back to top