Campaña anual de vacinación antigripal
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, porá en marcha a campaña anual de vacinación antigripal, comenzando o 18 de outubro, e rematando o vindeiro 31 de decembro.
Esta campaña pretende mellorar a saúde da poboación galega, reducindo a incidencia da gripe e diminuíndo as súas complicacións, así coma o risco de hospitalización relacionado con ela.
Poderá solicitarse cita nos centros de saúde. Máis información sobre a gripe e a vacina aquí.