Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Entrega de réplicas de Medalla de Ouro de Galicia

No día de hoxe, os representantes de Protección Civil do Concello de Mugardos, acompañados polo alcalde Domingo Deus, asistiron ao acto de entrega de réplicas da Medalla de Ouro de Galicia. Recibiron o premio, compartido cos concellos de Bergondo e Ortigueira, pola súa xenerosidade e colaboración nesta pandemia, facendo especial fincapé na súa implicación no dispositivo Galego de Vacinación fronte ao COVID-19

Dende o Concello de Mugardos queremos agradecer a dedicación e entrega que demostraron, tanto os axentes coma os voluntarios, fronte a esta situación.

Back to top