AS AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE 2020 ABREN O PRAZO PARA A SÚA SOLICITUDE NA SEGUNDA CONVOCATORIA
Hoxe abre o prazo de presentación de solicitudes da segunda convocatoria das axudas de ensino e transporte 2020 segundo anunciou a concelleira de Benestar Ana Varela.
O prazo para o rexistro das solicitudes para esta segunda convocatoria vai de hoxe 1 de outubro ao día 10 deste mes, e a presentación deberá realizarse no rexistro xeral do concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica https://sede.concellodemugardos.gal/opencms/gl/.
A concesión destas axudas depende do cumprimento dos requisitos para a súa solicitude e o importe das mesmas varía en función da renda das familias solicitantes, entre os 20 e os 250 euros.
Concesión das axudas da 1ª convocatoria
As axudas para ensino e transporte da primeira convocatoria están desde hoxe día 1 e ata o 7 de outubro en prazo de alegacións para que aquelas persoas que así o consideren poidan entregar a documentación pendente para que sexa posible a resolución da súa solicitude, ou para presentar algunha reclamación polo importe concedido ou a denegación de ser o caso.
O total de axudas concedidas inicialmente nesta primeira convocatoria alcanzou os 6.180 euros, e unas 50 solicitudes están pendentes que entregar documentación, co que desde o goberno municipal esperan duplicar ou triplicar esa cantidade cando remate a tramitación. “Temos 30.000 euros orzamentados para estas axudas e animamos ás familias que cumpran os requisitos a solicitalas se así o desexan, non queremos que en momentos tan difíciles coma estes, ningún neno ou nena mugardés teña dificultades na súa escolarización por falta de axudas” sinalou a concelleira.
Nas seguintes ligazóns pode acceder ás bases que regulan a concesión destas axudas e as instancias para a solicitude nesta segunda convocatoria:
IR Á LIGAZÓN Bases reguladoras das axudas de ensino e transporte 2020
IR Á LIGAZÓN Instancias para a solicitude das axudas de ensino e transporte 2020