Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APROBADO O PLAN ECONÓMICO-FINANCIEIRO E UNHA NOVA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO

O Pleno do Concello de Mugardos aprobou nunha sesión plenaria extraordinaria o Plan Económico Financieiro e unha modificación de crédito.

A presentación ao pleno do Plan Económico-Financieiro (PEF) vén derivada pola obriga da súa aprobación debido ao incumprimento da estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, que tivo súa orixe no uso do remanente de tesourería no exercicio 2018, por importe de 1.773.344,62, e que no 2019 deu como resultado a presentación dun déficit na liquidación de 224.023,82 euros e do incumprimento da regra de gasto, xa que o gasto computable executado en 2019 foi superior ao máximo que estaba permitido.

A modificación orzamentaria pola súa banda, por importe de case 660.000 euros permitirá o inicio da tramitación da liña de axudas a autónomos e pemes por importe de 150.000 euros, así como saldar as débedas pendentes co Concello de Ares e as horas extraordinarias aos traballadores do GES.

O concelleiro de Facenda Miguel Mahia quixo destacar a importancia que a aprobación destes documentos teñen para o normal funcionamento do concello, así como da posibilidade de axudar a saír aos comerciantes e hostaleiros municipais da difícil situación económica na que atopan logo de que a crise sanitaria e a crise económica dificulten o normal desenvolvemento de moitas das súas actividades económicas e comerciais “Hoxe estamos un paso máis cerca do obxectivo de sanear as contas municipais, e modernizar e dinamizar os servizos públicos que o concello ofrece aos mugardeses e mugardesas, adaptando a xestión do orzamento ás demandas reais da veciñanza”.

Mahia quixo realtar tamén que ambos documentos foron aprobados sen votos en contra do resto das forzas políticas municipais “A xestión económica que estamos a realizar está a contar co apoio do resto dos grupos e pensamos que esto é gracias á política de transparencia e responsabilidade coa que este goberno traballa. Todos os concelleiros e concelleiras saben que traballamos por e para os veciños e veciñas, aquí non hai máis obxectivo que mellorar a situación económico-financieira das arcas municipais, e cumprir coas obrigas legais que o concello tiña pendentes desde fai anos. Esperamos seguir contando coa colaboración, as aportacións e o apoio de todos, porque se traballamos xuntos Mugardos avanza”.

Back to top