Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APROBADAS PROVISIONALMENTE AS AXUDAS PEL REACTIVA

Pola Resolución de Alcaldía núm. 121/2021 do 9 de febreiro acordouse aprobar a proposta provisional de concesión ou denegación de subvención das axudas PEL REACTIVA.

Así mesmo, concédese un prazo de 10 días contados a partir de hoxe para que presentaren, de ser o caso, o desestimento da solicitude ou as alegacións o que no seu dereito consideren oportuno.

No caso de que existisen alegacións por parte dos/as interesados/as, deberanse resolver expresamente na resolución da concesión definitiva das subvencións. A resolución provisional non crea dereito ningún a favor do beneficiario proposto fronte ao Concello mentres non se lle notifique a resolución definitiva da concesión.

Na seguinte ligazón pode consultarse o anuncio de aprobación provisional das axudas:

IR Á LIGAZÓN Aprobación da proposta provisional de concesión ou denegación de subvención das axudas PEL REACTIVA

Back to top