Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE ENSINO MANTÉN A SÚA COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO

A Concellería de Ensino e as direccións dos centros educativos mugardeses seguen a colaborar conxuntamente na loita contra a transmisión da COVID-19.

Desde o departamento de ensino informouse hoxe de que, desde o inicio do curso 2020-2021 estase en contacto permanente coas direccións dos centros, tanto daqueles que son de titularidade municipal (EIM “As Lagoas”, Unión Mugardesa e Santiago Apóstol) como os de otra titularidade (Loyola e IES).

Un novo exemplo desa colaboración foi a desinfección con ozono que se levou a cabo no Unión Mugardesa a petición da propia dirección do centro, ou a contratación dun estudo sobre estratexias de mellora da ventilación dos espazos nos centros de ensino que está previsto realizar por parte dunha empresa auditora especialista na materia e que permitiría coñecer as melloras a implementar para aumentar a prevención  “No caso de dar bos resultados e que poida demostrarse a súa utilidade, estamos abertos á realización das melloras recomendadas no estudo” confirmou Begoña Roldós.

A estreita colaboración está a dar un resultado satisfactorio segundo a concelleira que fixo un pequeno repaso ás medidas adoptadas nos últimos meses “A instalación da carpa no Unión Mugardesa, a cesión de material, as melloras nos comedores escolares, os traballos de desinfección, a instalación de dispensadores de hidroxel, a contratación dunha empresa de reforzo da limpeza nos centros de ensino, a desinfección con ozono… É moito o traballo desenvolto e máis que faremos se desde os centros pídese a nosa colaboración. Estamos encantados de poder axudar, por que o traballo que se está a facer por parte da comunidade educativa merece esta axuda e moita máis”.

Back to top