Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES PARA A CREACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO DE TRABALLADOR/A SOCIAL E ANIMADOR/A DEPORTIVO

No Boletín Oficial da Provincia núm. 204, de data 24.10.2025, publicouse anuncio de convocatoria para a formación das bolsas de emprego do Concello de Mugardos que a continuación se relacionan:

–           CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE MUGARDOS DE TRABALLADOR/A SOCIAL, ASIMILADA Á ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, GRUPO II, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN

–          CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DO PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE MUGARDOS DE ANIMADOR/A DEPORTIVO, ASIMILADA Á ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, GRUPO III, POLO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da data de publicación do anuncio da convocatoria no BOP (Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 204 de data 24.10.2025), do 25.10.2025 ao 13.11.2025.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 74, do día 16.04.2024, publicáronse integramente as bases xerais reguladoras dos procesos selectivos para a formación de bolsas de emprego do Concello de Mugardos.

Back to top