Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AMPLIADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A Concellería de Benestar informa da ampliación do prazo de solicitudes da EIM As Lagoas ata o 8 de xuño de 2020.

Logo de que o prazo para solicitar praza para o curso 2020-2021 fose reaberto o pasado 18 de maio (tralo parón nas tramitacións administrativas que supuxo o estado de alarma), e atendidas as dificultades trasladadas polas familias na presentación electrónica da solicitude da Escola Infantil, o goberno municipal acordou a ampliación do prazo e a  apertura para a atención presencial do rexistro municipal exclusivamente con cita previa, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Para solicitar cita previa no rexistro, as persoas interesadas deberán chamar ao 981 470 338 extensión #2027.

Para a solicitude de praza, tanto de reserva como de novo ingreso, deberase rexistrar no Concello a seguinte instancia:

DESCARGAR PDF Modelo de solicitude de praza na EIM “As Lagoas”

Back to top