ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS PARA OS CONCURSOS DE PINTURA BELLO PIÑEIRO E PIÑEIRO POSE
O prazo de presentación das obras remata o día 14 de marzo
A concelleira de Cultura Begoña Roldós presentou hoxe a XXXI edición do Concurso de Pintura Bello Piñeiro e Piñeiro Pose, o tradicional concurso de pintura mugardés.
Os participantes no concurso Piñeiro Pose deberán ser menores de idade, e poderán presentar unha obra, que será única e orixinal, nunca copia doutra, realizada de forma libre sin intromisión algunha. O tema será “A nosa terra paisaxe, contorna e tradición: pasado, presente e futuro” a técnica será libre e o tamaño máximo 150 x 150 cm.
Pola súa banda, a concelleira informou de que os participantes no concurso Bello Piñeiro deberán ser maiores de idade e compartirán a temática, técnica e o tamaño máximo da obra co concurso Piñeiro Pose.
O prazo de presentación das obras remata o14 de marzo.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Cultura e Deportes do Concello de Mugardos, ubicado na 1ª pranta do edificio do Concello, ou chamar por teléfono ao 981 470 338 (ext. 1), así como enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@mugardos.gal.