Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS ASINA UN NOVO CONVENIO PARA A XESTIÓN CATASTRAL

Este convenio permitirá mellorar as xestións dispoñibles no Punto de Información Catrastal sito na Casa do Concello 

O alcalde e concelleiro de Urbanismo, Juan Domingo de Deus, informou da firma dun novo convenio entre o concello e a Dirección Xeral do Catastro para a xestión catastral, mellorando o servizo ofrecido desde o Punto de Información Catastral municipal.

O alcalde afirmou que “este novo convenio é moito máis completo e beneficioso para os veciños e veciñas, xa que está máis actualizado tanto na forma de actuación como nos medios de xestión e comunicación da información. Por fin, poderemos falar de xestión catastral colaborativa entre concello e Catrastro”.

O concello adoptará as medidas necesarias para a correcta realización das funcións de xestión catastral, de acordo cos compromisos de calidade contidos na carta de servizos do Catastro. En especial, deberá establecer un servizo de recepción e atención das queixas e suxerencias que se puidesen presentar polos cidadáns ante o Concello, con motivo dos compromisos asumidos no convenio, debendo dar traslado das mesmas á Xerencia a efectos informativos. Así mesmo, o Concello adecuará as súas actuacións, en aplicación do previsto no convenio, ás distintas cartas de servizos do Catastro que puidesen ser aprobadas polo Ministerio de Facenda e Función Pública durante a vixencia do mesmo.

O obxecto do convenio é regular a colaboración entre a Dirección Xeral do Catastro e o concello, para o exercicio das funcións de xestión catastral na tramitación dos expedientes de alteracións do dominio, de alteracións de orde físico e económico, actuacións de mantemento, actuacións de atención ao público e colaboración na difusión da información catastral, ou colaboración na notificación.

Back to top