Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO DESDE HOXE O PRAZO PARA SOLICITAR A EXENCIÓN DO PAGO DAS TAXAS DE AUGA, LIXO E SUMIDOIROS

A Concellería de Facenda informa da apertura do prazo para a solicitude da exención do pago das taxas de auga, lixo, sumidoiros e EDAR durante o ano 2021.

O prazo para a presentación das instancias e a documentación estará aberto desde hoxe 18 de xaneiro ata o 19 de febreiro (ámbolos dous inclusive) e poderá facerse tanto presencialmente na oficina do Rexistro Xeral (na Casa do Concello de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas), ou a través da sede electrónica municipal (https://sede.concellodemugardos.gal/opencms/gl/).

A documentación que debe aportarse é fotocopia do DNI da persoa solicitante, no caso de ser a primeira vez que o solicita, último recibo da auga, lixo, sumidoiros ou EDAR a nome da persoa solicitante da exención, informe de empadroamento colectivo, e certificado do IRPF do ano 2019, de tódolos membros da unidade familiar. En caso de situacións especiais poderase aportar calquera outra documentación relevante para o coñecemento exacto da situación da unidade familiar (sentenzas, actas, certificados de ingresos, etc.).

O criterio económico para a concesión das exencións será que gozarán de exención aqueles contribuintes cuxa unidade familiar perciba ingresos mensuais, por todos os conceptos, inferiores ou iguales ao 125% do IPREM (706,13 € mensuais por membro da unidade familiar). Os ingresos mensuais virán determinados polos ingresos de todos os membros da unidade familiar divididos entre doce. A estos efectos teñen a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral (casilla correspondente da declaración) coa base impoñible do aforro (casilla correspondente da declaración), do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O concelleiro de Facenda Miguel Mahía animou a todos os veciños e veciñas do concello que estean pasando unha situación complicada a presentar a solicitude para estas exencións “Este ano especialmente animamos a todo o mundo que considere que esta exención de pago pode axudarlle, para que presente a solicitude. Estas axudas están para solventar situacións complicadas, e todo o que cumpla os requisitos ten dereito a ela, e ten dereito a facer uso das axudas municipais. Por favor, que ninguén quede sen presentar a solicitude tendo dereito a ela”.

Na seguinte ligazón pode descargar o formulario de solicitude:

DESCARGAR PDF Formulario de solicitude da excención auga, lixo e sumidorios 2021

Na seguinte ligazón da web, pode consultar toda a información sobre a tramitación desta solicitude e normativa reguladora:

IR Á LIGAZÓN Información sobre a exención das taxas de auga, lixo e sumidorios

Back to top