Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A XUNTA DE GALICIA CONCEDE AO CONCELLO DE MUGARDOS UNHA SUBVENCIÓN PARA RENOVAR OS PARQUES INFANTÍS MUNICIPAIS

A resolución foi notificada ao Concello o pasado mércores, e a subvención se empregará na reparación de diversos elementos nos parques infantís de todo o municipio

Desde a Concellería de Obras e Servizos e a concellería de Facenda, Persoal e Participación, infórmase de que a Xunta de Galicia outorgou a subvención para a renovación dos parques infantís municipais, solicitada polo Concello de Mugardos o pasado mes de febreiro.

O arranxo proxectado das distintas áreas infantís contempla a substitución ou o restauración manual (xa sexa no sitio ou nun taller, dependendo da situación de cada un) do mobiliario e dos elementos de xogo máis afectados polo uso e as condicións climatolóxicas. O importe da subvención acada o 70% do orzamento de execución material, fixándose en 30.480,25€, e está financiada pola Orde de Subvencións de Mellora de Infraestruturas destinada aos Concellos para o ano 2023.

As actuacións contemplan as melloras nos parques de Campo do Río, A Pedreira, Roibeiras e San Xoán de Piñeiro. No caso do Parque dos Carneiros a mellora realizarase con fondos propios, e os de Beiramar e O Baño atópanse en fase de contratación tras quedar deserta a obra pola subida de prezos.

Back to top