A FESTA DAS PEPITAS 2023 ARRINCA EN MUGARDOS ESTE SÁBADO
Do 11 ao 25 de marzo, ambos inclusive desenvolverase o programa Pepitas 2023
A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, presentou hoxe o programa oficial das Pepitas 2023, que desenvolverase en Mugardos do 11 ao 25 de marzo.
A programación dará comezo este sábado 11 de marzo coa presentación da Madriña da Rondalla Mugardesa 2023 no Casino Mugardés ás 19.00 horas.
O domingo desde as 12.00 horas presentarase a Madriña da Rondalla Mugardesa 2023 no balcón do Concello de Mugardos, e a continuación a propia Rondalla Mugardesa rondara pola vila e o Cantón de Cora en homenaxe ás madriñas.
Xa o venres 24 a partir das 19.00 horas, terá lugar a ronda polo Seixo da Rondalla Mugardesa. O prato forte das Pepitas 2023 chegará o sábado 25 de marzo co Certame de Rondallas, presentado este ano por Anabel Bello Platas. O programa comenzará ás 17.00 horas coa concentración de rondallas no peirao, a continuación ás 17,30 horas terá lugar o desfile ata o Casino Mugardés, onde as actuacións arrancarán as 18.30 horas.
As Rondallas participantes por orden de actuación serán as seguintes: Rondalla Bohemios, Rondalla Añoranzas, Rondalla Club de Campo, Rondalla aresana Os Trovadores, Rondalla Só Elas, Rondalla Sonidos del Alba, Rondalla Lucero del Alba, Rondalla O Son do Mar, e pechará a Rondalla Mugardesa. Roldós mostrou a súa satisfacción polo programa das Pepitas deste ano, e quixo destacar “o compromiso deste goberno municipal coas tradicións e a cultura mugardesa que ponse de manifesto coa ampliación do elenco de rondallas no certame do sábado, xa que este será o primeiro que conte coa participación da Rondalla O Son do Mar”.