Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE CHAMA A INICIAR A CAMPAÑA ‘STOP VESPA VELUTINA’

A Asociación Galega de Apicultura recomenda empezar a trampear xa desde marzo co obxectivo de capturar ás raíñas

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Kuntz, informou hoxe do inicio da campaña ‘Stop vespa velutina’ (especie invasora perigrosa para o medio ambiente e as persoas) polo que chama á instalación de trampas na proximidade das vivendas.

Seguindo as recomendacións realizadas pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) a primaveira é a época clave, desde primeiros de marzo ata maio, cando as raíñas empezan paulatinamente a despertar da súa hibernación e comenzan a súa actividade.

As trampas sempre deben situarse en lugares solleiros, porque o arrecendo do líquido ataente difúndese mellor canto máis quente estea.

Aconséllase que na parte superior da botella a utilizar se realicen dous buratos enfrontados, o que axuda moito porque hai insectos como os abellóns, as bolboretas e as couzas (polillas) que non poderán entrar.  Xusto por debaixo das entradas faríase a mesma operación cos buratos de saída, tamén enfrontados.

Desde a AGA informan de que hai gran diversidade de atraentes caseiros, semellantes en eficacia aos comerciais; entre eles o máis sinxelo é o elaborado co lévedo (levadura)  de fresco do pan. Unha formulación para 2 ou 3 trampas serían 5 gramos de lévedo con 200 gramos de azucre  e medio litros de auga.

A duración do atraente dependerá da temperatura ambiental, aínda que normalmente coa temperatura primaveral se debe recambiar cada 12 ou 15 días.

Kuntz fíxose eco dos datos trasladados pola AGA sinalando a importancia da colaboración da veciñanza para protexer o noso municipio da vespa xa que “o pasado ano 2022 foi especialmente duro en canto á velutina, posiblemente o que máis desde que  chegou en 2012 a Galicia, e temos que seguir loitando contra esta especie invasora tan perniciosa para as actividades agrarias, a fruticultura ou a apicultura, e mesmo para as persoas” concluíu.

Back to top