Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DÁ INICIO AO CURSO 2020-2021

A concelleira de Cultura e Deportes, Begoña Roldós informou hoxe do inicio do curso 2020-2021 na escola municipal de música “As Lagoas” coa presentación da programación docente e o anuncio da apertura do prazo de matrícula mañá día 16.

Este ano prográmanse clases teóricas destinadas aos nenos e nenas de 4 e 5 anos de música e movemento, e de iniciación musical para os nenos e nenas de 6 anos. A partir desta idade, poderase asistir aos tres cursos de linguaxe musical, e haberá tamén a posibilidade de cursar linguaxe musical para adultos.

En canto aos instrumentos, este ano impartiranse clases de clarinete/saxofón, trompeta, violín, percusión, guitarra e piano.

Haberá unha única clase grupal, a de combo, programada para as mañás dos sábados.

Para as persoas que así o desexen, están fixadas dúas datas de apertura ao público da escola de música, os sábados 19 e 26 de setembro de 11.00 a 13.00 horas, nos que atenderase ao público para tratar o tema dos horarios.

Para realizar a inscrición na escola de música pode facerse por tres canles:

  • Presencialmente, na Oficina de Información Xuvenil do concello, do 16 de setembro ao 10 de outubro, en horario de  00 a 14.00 horas.
  • Telefonicamente, chamando ao 981 470 290 (extensión #2033).
  • A través da sede electrónica municipal, cubrindo unha instancia tipo solicitando a matriculación nas clases elixidas.

A concelleira Begoña Roldós sinalou que “finalmente este curso será de continuidade, xa que debido á crise do coronavirus e ás limitacións impostas pola normativa anti-COVID este non é o mellor ano para a implementación de cambios na escola” e confirmou que, se todo vai ben, para o curso 2021-2022 incorporaranse novas materias e instrumentos, e probablemente realizaranse tamén melloras nas instalacións.

Back to top