Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE URBANISMO INSTA Á PROMOTORA DOS BLOQUES DA RÚA PETEIRO Á URBANIZACIÓN DA CONTORNA

O obxectivo do departamento municipal é que se cumpran os requisitos para a concesión das licencias de primeira ocupación

Mugardos, 24 de febreiro de 2022. O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Domingo de Deus, confirmou hoxe que desde o seu departamento requeriuse á empresa promotora dos bloques de Peteiro a urbanización da contorna das edificacións de xeito urxente, para poder desbloquear as solicitudes de licencias de primeira ocupación presentadas polos propietarios das vivendas habitadas.

De non realizarse a devandita urbanización nas próximas semanas, o Alcalde e responsable da área de Urbanismo confirmou que se procederá á execución dos avais dispoñibles e, de ser o caso, sería o propio Concello o encargado das obras de urbanización.

Nesta liña, De Deus xa requeriu aos técnicos a elaboración dos informes necesarios para o inicio do expediente de execución dos avais, co obxectivo de dilatar o menos posible a realización de ditas obras.

“Todos os propietarios teñen dereito de gozar da máxima seguridade xurídica habitando vivendas con licencia de primeira ocupación. Lamentablemente non podemos lograr o cumprimento dos requisitos para a concesión da licencia en todos os casos, pero onde é posible e disponemos da ferramenta da execución dos avais, faremos o necesario para poder concedela” sinalou o tamén alcalde de Mugardos, aínda que se mostrou convencido de que no caso de Peteiro non fará falta chegar ata ao punto de executar as garantías depositadas, e que os promotores das vivendas farán fronte ás súas obrigas. 

Back to top