Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE PARTICIPACIÓN ENCARGA 200 DISPENSADORES DE BOLSAS MÁIS PARA A RECOLLIDA DE EXCREMENTOS DOS CANS

Miguel Mahía agradeceu a participación e o compromiso da veciñanza

A Concellería de Participación, da que é titular Miguel Mahía, vén de confirmar a adquisición de 200 dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos de cans, para o seu reparto totalmente gratuito entre a veciñanza.

“A resposta da veciñanza na posta en marcha desta iniciativa foi aínda mellor do esperado. Pensamos que tardaríamos semanas en repartir os primeros dispensadores adquiridos e non foron máis de 10 días, e ante tan boa aceptación, redobramos o noso compromiso. Xa son varios os veciños que comentaron que notan as rúas máis limpas e ese é o mellor exemplo de que a campaña funciona” sinalou Mahía.

Os dispensadores de bolsas para mascotas repartidos están fabricados en fibra de bambú con forma de óso e un mosquetón de transporte, no seu interior teñen 15 bolsas biodegradables, e poden pasar a recollerse nas oficinas da Policía Local.

Mahía confirmou que a súa concellería, en colaboración co departamento de Servizos do que é titular Jorge Kuntz, seguen a traballar no deseño de novas campañas de concienciación para fomentar as actitudes responsables entre os donos de animais de compañía, especialmente no relativo á limpeza e á seguridade dos mesmos.

Back to top