Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COLABORACIÓN COA ENTIDADE AGA-UCRAÍNA

O Concello de Mugardos pasa a ser PUNTO DE RECOLLIDA de materiais de axuda en colaboración coa entidade AGA-UCRAÍNA, recentemente creada por ucraínos residentes en Galicia.

A recollida realizarase na planta baixa do edificio do Concello (atención ao público) desde este próximo 7 de marzo, e terá lugar de luns a venres en horario de 9 a 14.00 h.Moitas grazas pola colaboración.

Materiais que se necesitan en Ucraína:

  • Para empaquetar: celo e caixas de cartón.
  • Roupa: fai falta roupa nova, sen usar, é mellor que teña etiquetas (é un requirimento de aduanas para que a roupa pase máis rápido a fronteira). O principal é roupa térmica de abrigo: luvas, calcetíns, camisetas, etc.
  • Comida: conservas e comida precociñada, galletas, chocolate, barras enerxéticas, comida para bebés, leite en po, etc. Nada en botes de cristal.
  • Outras necesidades: sacos de durmir, esterillas e colchóns, produtos de hixiene persoal, talco, panos de mesa húmidos, mantas, baterías portátiles, kit de costura, chalecos antibalas, casco Nivel 1, antibalas nivel 4-6, mochilas, lanternas e baterías, roupa de camuflaxe, tendas de campaña, mistos impermeables, chisqueiros, cordas, chifres, rede de camuflaxe, botas militares, prismáticos…
  • Medicamentos: alcohol, auga osixenada, antisépticos, gasas, soro fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, vendas, luvas de látex ou vinilo, máscaras, etc.
Back to top