Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL PROGRAMA PARA O MÉRCORES ÁS 11.30 HORAS UNHA CHARLA ABERTA AO PÚBLICO PARA A PRESENTACIÓN DO PROGRAMA COIDADOS PORTA A PORTA

Desde o mércores ata o venres os veciños e veciñas disporán de consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, sempre con cita previa, no Cantón de Cora

23 DE MAIO DE 2022. A concelleira de Benestar Social, Ana Varela informou hoxe da organización dunha charla informativa para a presentación do programa de “Coidados porta a porta” este próximo mércores ás 11.30 horas no salón de plenos do Concello de Mugardos á que convidou a asistir a todos os veciños e veciñas interesados en coñecer esta iniciativa.

A concelleira lembrou que desde o mércores 25 ao venres 27 de maio no Cantón de Cora estarán dispoñibles os servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito totalmente gratuíto para os maiores de 55 que soliciten a súa cita previa, chamando ao teléfono 622 748 283 ou a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Está previsto que este programa repita a súa presenza en Mugardos nos meses de setembro e decembro.

Back to top