Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XORNADA INFORMATIVA ADICADA AO ALZHEIMER PARA O ALUMNADO DO OBRADOIRO ‘REINICIA VIII’

Onte luns o alumnado-traballador de Atención Sociosanitaria do obradoiro de emprego Reinicia VIII que promove o Concello de Mugardos, xunto cos de Ares, Cabanas e Fene, no marco dos programas mixtos de formación e emprego da Xunta de Galicia, tiveron unha xornada formativa dedicada ao Alzheimer.

Contamos coa colaboración altruista da Asociación de Familiares de Alzheimer de Ferrolterra (AFAL) e a súa coordinadora e logopeda, Silvia Loureiro, explicou ao alumnado cuestións de interese profesional sobre esta enfermedade, no ámbito das demencias, así como consellos para coidadores e coidadoras das persoas con Alzheimer. Asimesmo, e entre outros contidos da charla, ensinoulles prácticas de estimulación cognitiva  que desenvolven coas persoas usuarias da Asociación.

A xornada de onte contribuiu a mellorar a capacitación e habilidades profesionais nas que están a formarse as dez persoas que como alumnado-traballador reciben formación en alternancia co traballo en entorno real na especialidade de “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio”.

Na fase de desenvolvemento de traballo real, este alumnado comenzou en marzo as súas prácticas acompañando ás titulares do Servizo de Axuda no Fogar dos Concellos de Mugardos e Fene, continuando en alternancia coa súa formación teórica e teórico-practica no Centro municipal de Formación Francisco Vizoso de Franza, Mugardos.

Back to top