Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A CAMPAÑA GALICIA SABE AMAR CHEGA A MUGARDOS

Os veciños e veciñas poderán desfrutar da degustación gratuíta en horario de mañá e tarde

A concelleira de Turismo, Begoña Roldós, informou da chegada da campaña “Galicia sabe aMar”, impulsada pola Consellería do Mar ao Mercado Municipal de San Telmo, o próximo xoves 9 de marzo.

Haberá foodtrucks para a degustación gratuíta de produtos do mar, de 12.00 a 15.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas, para todos os veciños e veciñas que se acheguen ata a praza.

Esta iniciativa ten como obxectivo difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar, e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira, promover o consumo e a venda de peixe e marisco, e poñer en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen ao subministro de alimentos de calidade.

Back to top