Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE MUGARDOS DOA MATERIAL PARA A FABRICACIÓN DE 250 PANTALLAS DE PROTECCIÓN

Un grupo de voluntarios da comarca de Ferrolterra serán os encargados de recibir o material doado polo Concello, e co que fabricarán pantallas de protección facendo uso de impresoras 3D.

O Concello fixo entrega do stock de 250 láminas de polipropileno fino, tipo plástico, do que dispuña e co que estes voluntarios descubriron que poden elaborarse estas pantallas, que serán destinadas de xeito prioritario para uso hospitalario, emerxencias e demáis grupos de alta exposición.

O Concello utiliza habitualmente estas láminas para as encuadernacións de proxectos, documentación, etc. e foron entregadas todas as dispoñibles neste momento.

“Esta é una batalla na que estamos todos, temos que librala todos, tamén as administracións. Facemos un chamamento á veciñanza para que se poña en contacto co concello (vía teléfono, correo ou web municipal) se pensa que desde a administración local podemos colaborar dalgún outro xeito. Todos os recursos cos que contamos están a disposición da sociedade para a loita contra o coronavirus. Así é como entendemos que teñen que actuar as administracións” sinalou Miguel Mahía, concelleiro de participación e responsable da coordinación desta iniciativa.

O Concello sumouse a este proxecto uníndose á chamada realizada desde as redes sociais por voluntarios anónimos. As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto cos voluntarios a través do correo viserasprotectorasferrolterra@gmail.com, ou informarse doutros proxectos tamén en marcha na web coronavirusmakers.org.

Back to top