Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PUBLICADA A PRIMEIRA CONVOCATORIA DAS AXUDAS DE ENSINO E TRANSPORTE PARA O CURSO 2020-2021

A Concellería de Servizos Sociais informa do inicio do prazo de presentación de solicitudes para a primeira convocatoria das axudas de ensino e transporte o próximo día 1 de agosto.

O obxecto destas axudas é favorecer a escolarización pública e formación universitaria nas familias con menos recursos económicos do concello.

A axuda para ensino, cuxo importe depende do nivel de renta das familias solicitantes, vai desde os 20 ata os 250€, e a axuda para transporte escolar para o curso 2020/2021 é de 200 euros por alumno/a que cumpra os requisitos e que o centro educativo no que curse estudios esté fóra do Concello de Mugardos e non esté ubicado nos concellos integrantes da área de transporte metropolitano de Ferrol.

A solicitude presentarase no rexistro xeral do concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica https://sede.concellodemugardos.gal/opencms/gl/.

Aconcelleira Ana Varela quixo destacar que as axudas, xestionadas polo seu departamento, son desenvoltas en colaboración coa Concellería de Ensino, e animou a todas as familias mugardesas a solicitalas “nun momento no que cobra especial relevancia a colaboración das administracións coas familias para paliar os danos da crise sanitaria e económica, o Concello de Mugardos está aquí para axudar a quen o necesite. Debemos protexer o acceso de todos e todas en igualdade de condicións á educación”.

Nas seguintes ligazóns pode accederse ás bases que regulan estas axudas e á solicitude das mesmas que deberá ser rexistrada, debídamente cuberta, xunto coa documentación requerida:

IR Á LIGAZÓN Bases que regulan a convocatoria para a concesión de axudas para o ensino e o transporte curso 2020-2021

IR Á LIGAZÓN Solicitude axudas ensino e transporte curso 2020-2021 (1º convocatoria)

Back to top