Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OFERTA DE EMPREGO COMO MONITOR/A DE INFORMÁTICA A TRAVÉS DA BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL

A empresa Axiña vén de poñerse en contacto coa Bolsa de Emprego do Concello de Mugardos, xa que está realizando unha selección para o/a monitor/a sustituto/a durante as vacacións do titular da aula de informática do Concello de Mugardos.

O posto ofertado é o de monitor/a da Aula de Informática, e a duración do contrato é do 24 de agosto ao 14 de setembro, ambos incluidos. A xornada laboral é de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas  (15 horas/semanais), e o requisito esixido é ter coñecementos de informática.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto con Axiña chamando por teléfono al 981 912 120 ou 607 745 856, e a través do correo electrónico axinasd@axinasd.com (sinalando como referencia no asunto “Informática Mugardos”).

Back to top