Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

AVANZAN NA SEAÑA E A AREOSA AS OBRAS DO POS 2019 DESBLOQUEADAS EN ABRIL

O concelleiro de obras Jorge Kuntz informou hoxe do estado das obras do Plan de Obras e Servizos POS 2019, rematadas xa na Seaña e que avanzan a bo ritmo na Areosa.

A adecuación e mellora do firme na estrada da Seaña ao Bailón xa está rematada. Esta actuación, adxudicada á empresa Canarga por case 60.000 euros supuxo levar a cabo traballos ao longo dun vial de máis de un quilómetro, coa a limpeza das cunetas e o reforzo do firme, así como a canalización da cuneta nos puntos necesarios coa colocación de colectores de saneamento e a humanización do cruce co vial de Rilo. Xa se ten realizado tamén o pintado da vía, inexistente anteriormente, e que dotará de maior seguridade á vía.

Por outra banda, o concelleiro informou de que na Areosa xa están iniciados os traballos no saneamento, adxudicados a Urespa proyectos y obras por 22.707,53 €, e que tamén inclúen actuacións no Seixo. Na Areosa estase a instalar o saneamento nunha zona onde na actualidade non contan con este servizo,; e no Seixo é necesario solucionar o problema existente na drenaxe das augas, xa que debido á existencia dunhas vivendas a unha cota inferior ao camino, prodúcense inundacións nestas nos días de choiva.

En datas próximas iniciarase a pavimentación en San Vitorio, no camiño de Franza, As Viñas e O Vilar.

O concelleiro Jorge Kuntz congratulouse do avance dos traballos “por tratarse de servizos básicos e imprescindibles para a veciñanza, que redundan na mellora da calidade de vida dos mugardeses e mugardesas e que permiten actualizar, modernizar e mellorar os servizos públicos”.

Nas seguintes ligazóns poden consultarse os proxectos destas obras:

 DESCARGAR PDF Proxecto do saneamento na Areosa e drenaxe O Seixo

 DESCARGAR PDF Proxecto da pavimentación rúa da Seaña

Back to top