MUSICAL: GALLAECIA ALL STARS
Este evento rematou
-
Fecha
22 Agosto 2020
-
Hora
22:00 - 23:30
-
Casino Mugardés
Rúa Os Corzás nº 17 - CP 15620 (Mugardos)
No Casino Mugardés, a partir das 22.00 horas e durante dúas horas ininterrompidas, Gallaecia Big Band interpretará sobre o escenario música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, nunha viaxe aos tempos das grandes Big Bands de forma amena e con escenas de humor.
O repertorio é unha coidada selección dos clásicos do swing, latin, boleros, mambos, chachachás, rock anroll, soul…. e foi adaptado para a Big Band polo seu director Cristian Leggiero. Trece músicos, dous cantantes de luxo, Sergio Zearreta e Paty Lesta e unha convidado estrela, Luis Iglesia. Música, teatralidad e moitísima diversión, farán que a festa sexa inesquecible.
Sinopse: Nunha Galicia invadida polas orquestras modernas, o cantante Sergio Zearreta, con moitas ambicións e pouco coñecemento de causa decide ser cantante da Gallaecia Big Band, unha elegante e clásica formación que reflicte toda a esencia das grandes Big Bands que facían bailar o gran público cun repertorio clásico e moi variado. Para conseguir o seu obxectivo, o noso desaventurado cantante terá que lidar co seu director, o pianista italiano Cristian Leggiero, a cantante da Big Band, a marabillosa Paty Lesta e o cantante convidado estrela, Luis Iglesia (o inesquecible Carmelo da serie Matalobos).