Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“MUGARDOS EN LIÑA” NOVO SERVIZO DE COMUNICACIÓN COA VECIÑANZA

A Concellería de Participación vén de poner en marcha o servizo de información municipal “Mugardos en Liña” co obxectivo de dar a coñecer toda a actualidade municipal á veciñanza, todas as novas, a axenda de eventos, as incidencias, os prazos e demais información de utilidade.

O servizo é gratuito e préstase a través da aplicación de Whatsapp. As persoas interesadas en darse de alta deben engadir á lista de contactos do seu teléfono o número 638 167 088 co nome “Mugardos en Liña”. Unha vez feito, deberase enviar un whatsapp ao contacto “Mugardos en Liña” co texto “Alta información Concello de Mugardos”.

O Alcalde Juan Domingo de Deus congratulouse da posta en marcha do servizo e quixo destacar “a aposta que o goberno está a facer pola transparencia e a información. Queremos que a veciñanza coñeza e participe da actualidade municipal, é un dereito dos veciños e veciñas estar informados sobre o que acontece no Concello. A diferencia doutros, a nós gústanos pensar que a xente sabe o que pasa e o que estamos a facer desde o goberno”.

O concelleiro de participación Miguel Mahía pola súa banda quixo destacar que “estamos moi satisfeitos polo traballo que levamos feito nesta concellería, que foi moito en moi pouco tempo: a nova web municipal, a nova estratexia de comunicación do Facebook e agora o “Mugardos en Liña”; pero esto non para e xa estamos pensando nos próximos pasos que daremos para acercar a actualidade municipal á veciñanza”.

Back to top