Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROTOCOLO E GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DIRIXIDA Á ACTIVIDADE DOS MERCADOS DE VENDA NON SEDENTARIA

A Concellería de Servizos municipal informa da publicación por parte dos Ministerios de Sanidade e Industria, Comercio e Turismo o protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos mercados de venda non sedentaria, que recolle as condicións de seguridade e hixiene aplicables á venda ambulante (mercadillos), adaptadas ás ordes ditadas polas autoridades sanitarias.

Nesta guía recóllense medidas de protección fronte ao virus, medidas relativas á distancia de seguridade, aforo e disposición dos postos, accesos e información, limpeza do espazo destinado á venda non sedentaria, medidas de seguridade nos postos de venda ao público, limpeza dos postos e medidas de hixiene e seguridade adicionais nos vehículos de transporte e venda ambulante itinerante.

Desde o goberno municipal animan á veciñanza a manter tamén todas as medidas de protección sinaladas na nova normalidade para a seguridade de todos.

Na seguinte ligazón pode accederse á guía:

DESCARGAR PDF Protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos mercadillos

Back to top