Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DAS COIDADORAS E PROMOVER O SEU AUTOCOIDADO

O Concello de Mugardos acollerá durante os próximos meses unha serie de talleres e actividades grupais dirixidas a coidadoras, ex-coidadoras e potenciais coidadoras da localidade.

Esta iniciativa forma parte do Servizo de Apoio Integral a mulleres coidadoras no medio rural, un programa desenvolvido pola Fundación Mujeres que conta co cofinanciamento da Deputación da Coruña

O obxectivo principal deste proxecto é mellorar o benestar e a calidade de vida daquelas mulleres que se encargan do coidado de persoas dependentes na contorna familiar.

Ao longo das sesións, abordaranse ferramentas clave para o día a día como o autocuidado, o fomento de hábitos saudables, a xestión das emocións e técnicas de relaxación, entre outros contidos.

Con todo, o valor destes talleres vai máis aló da teoría: o espazo está pensado para converterse nun punto de encontro onde compartir vivencias, atopar comprensión mutua e camiñar xuntas neste proceso. 

Este intercambio xera un clima de confianza que axuda a tecer redes de apoio e a crear unha comunidade sólida entre as participantes. Con todo iso, o programa persegue o empoderamento das coidadoras, impulsando a súa participación social, a súa cidadanía activa e lembrando a importancia do seu dereito tanto a coidar como a ser coidadas.

As sesións formativas terán lugar todos os martesdesde o 6 de outubro ata o 24 de novembro, en horario de 10.30 h a 12:30h no Local Social de Maiores.

Todas as mulleres interesadas en sumarse a estas actividades poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello. 

Para máis información poden chamar ao teléfono 981 470 338.

Esperámoste!

Back to top