Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XOGOS TRADICIONAIS ROMANOS NO MUSEO DE O CALDOVAL

O Centro de Interpretación do Caldoval continúa coa programación de verán o sábado 18 de xullo, cunha nova actividade didáctica na que pasalo ben xogando en equipos. ‘Actividade deportiva na palestra exterior: xogos tradicionais romanos’ é o nome desta proposta clásica dos nosos veráns en Caldoval, na que os participantes coñecerán as prácticas deportivas da Antiga Roma e se porán a proba con elas. Será en dúas quendas: ás 11:30 e 17:30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

É unha actividade de balde pensada tanto para público xeral, coma para nenos/as dende 6 anos de idade. É imprescindible calzado deportivo, crema solar e gorra. As inscricións poden realizarse no correo do centro info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 07 21 16 (en horario de apertura: de martes a domingo, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas).

Back to top