Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO ESPECIAL DE VERÁN NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL

Obradoiro especial de verán no Centro de Interpretación de Caldoval.

O sábado 11 de xullo, coincidindo coa Festa do Polbo de Mugardos, o Centro de Interpretación de Caldoval organiza un obradoiro titulado “Mosaico: polbo á romana”.

Os participantes coñecerán cómo decoraban o chan na Antiga Roma con esta técnica da musivaria, consistente na creación de imaxes a partir de minúsculas pezas de pedra chamadas teselas. Será en dúas quendas: 11:30 h. e 17:30 h. dunha duración aproximada dunha hora.

É unha actividade pensada tanto para público xeral como para familias con crianzas a partir de 6 anos. As prazas para esta actividade gratuita son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través do correo do centro 📧info@museocaldoval.gal ou no teléfono 📲 687 07 21 16 (en horario de apertura: de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h).

Back to top