Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LISTAXE ACTUALIZADA DE ADMITIDOS/AS NO ESPAZO INFANTIL DE XOGO VERÁN 2026

Listaxe actualizada de admitidos/as no Espazo Infantil de Xogo verán 2026.


O día de comezo de actividade de cada quincena son os seguintes:

– 1ª quincena de xullo: do 1 ao 15 de xullo ámbolos dous inclusive.

– 2ª quincena de xullo: do 16 ao 31 de xullo ámbolos dous inclusive.

– 1ª quincena de agosto: do 3 ao 14 de agosto, ámbolos dous inclusive.

– 2ª quincena de agosto: do 17 ao 31 de agosto, ámbolos dous inclusive.


Así mesmo, lémbrase o seguinte ás familias que segundo o artigo 11 das Bases xerais de funcionamento e acceso ao Espazo infantil de Xogo (BOP núm. 101 do 30/05/2018):
Ó incorporárense á actividade todos os/as participantes deberán traer a diario (marcado á vista co nome do neno/a):

– Gorra ou viseira.
– Auga (cantimplora ou botella plástica)
– Roupa cómoda que facilite a súa mobilidade (chandal ou similar), e/ou mandilón (marcado)
– Merenda de media mañá, tal e como se especificará ao inicio da actividade (Non se admitirán alimentos de repostería/ bolería industrial, chuches, chocolatinas, paquetes de snacks, etc.).

Así mesmo, tamén recolle o seguinte:

“O horario será de 8.00 a 14.00 horas (horario completo), e de 10.30 a 14.00 horas con horario reducido. Non se poderá traer aos nenos/as despois das 10.40 nin recollelos antes da hora de saída, a excepción de causa xustificada (cita médica ou similar), co fin de non interrumpir as actividades organizadas. Tampouco poderán acudir cunha temperatura corporal igual ou superior a 38º C, enfermidades contaxiosas, piollos, ou calquera outra que poda afectar ao resto dos/das participantes, e nestes casos chamarase aos responsables legais para que acudan ó centro recolleren ó neno/a.

Back to top