CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ESTUDO E O TRANSPORTE PARA O CURSO 2026/2027
Convocatoria de axudas para o estudo e o transporte para o curso 2026/2027.
Prazo de solicitude: do xoves 02/07/2026 ata o venres 10/07/2026, ambos incluidos.
Requisitos:
a) Cursar: a. Estudos en algún dos centros públicos sostidos con fondos públicos do Concello de Mugardos. b. Estudos de formación regulada impartida por centros públicos ou en centros de Ensino Especial, de fora do Concello de Mugardos. c. Estudos en centros públicos ou sostidos con fondos públicos, de fora do Concello de Mugardos, por estar desenvolvendo unha modalidade deportiva nun Centro de Alto Rendemento (CAR), nun centro de tecnificación deportiva (CTD) ou nun centro especializado deportivo.
b) Que a renta per cápita familiar non supere os límites establecidos na base quinta da presente convocatoria.
c) Estar empadronada/o no Concello de Mugardos a persona solicitante e toda a unidade familiar.
d) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
e) Poderán ser beneficiarios da ayuda de transporte oalumnado que curse estudos de formación regulada impartida por centros públicos de fora do Concello de Mugardos e que non estean ubicados nos municipios integrantes da Área de Transporte Metropolitano de Ferrol.