Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INFORMACIÓN SOBRE O ESPAZO INFANTIL DE XOGO (EIX) DE VERÁN 2026

A primeira quincena do Espazo Infantil de Xogo de verán 2026 comeza o próximo 1 de xullo de 2026 e durará ata o 15 de xullo de 2026, ámbolos dous inclusive. 

Recórdase que non hai servizo de comedor, polo que é recomendable que vaian almorzados da casa, xa que ata a merenda de media mañá non comerán nada. 

O horario completo é de 08:00 a 14:00 horas, e o horario reducido de 10:30 a 14:00 horas.. Non se poderá traer aos nenos/as despois das 10.40 nin recollelos antes da hora de saída, a excepción de causa xustificada (cita médica ou similar), co fin de non interrumpir as actividades organizadas 

Os/as menores deberán ser recollidos antes das 14.00 horas. 

A responsabilidade do control e coidado dos/as nenos/as polos/as monitoras res-ponsables abrangue exclusivamente a franxa horaria de funcionamento dos ser-vizos. 

Fóra dos horarios establecidos para entrada e saída, e por motivos de seguridade, as portas do centro permanecerán pechadas. 

Todos os/as participantes deberán traer a diario (marcado á vista co nome do neno/a): 

Gorra ou viseira. 

Auga (cantimplora ou botella plástica) 

Roupa cómoda que facilite a súa mobilidade (chandal ou similar), e/ou mandilón (marcado) 

Merenda de media mañá, tal e como se especificará ao inicio da actividade 

(Non se admitirán alimentos de repostería/bolería industrial, chuches, chocolatinas, paquetes de snacks, etc.). 

Normativa: Bases xerais de funcionamento e acceso ao Espazo Infantil de Xogo (BOP núm. 101, 30.05.2018) 

O Concello de Mugardos vén de recibir unha subvención destinada ao Programa Municipal de Conciliación que cofinancia as actividades do Espazo Infantil de Xogo e do Servizo de Almorzo dos Comedores Escolares Municipais.

Estas actividades municipais contan coa validación, da Consellería de Politica Social e Igualdade, como medidas Municipais de Conciliación de promoción autonómica. 

A subvención do Programa do Plan Corresponsables para entidades locais, cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, achega ao Concello 13.854,88€ durante o período de xaneiro a novembro de 2026.

Back to top