Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO REFORZA A ÁREA DE BENESTAR COA COBERTURA DUNHA VACANTE DE TRABALLADORA SOCIAL

O Concello de Mugardos completou nos últimos días a cobertura da vacante dunha traballadora social producida tras unha xubilación, reforzando así a atención e continuidade do servizo na área de Benestar.

Esta incorporación permitirá manter a capacidade de resposta e atención aos veciños e veciñas que requiren apoio, asesoramento e seguimento desde os servizos sociais municipais, garantindo a prestación adecuada dun servizo esencial para o municipio.

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus Fonticoba, sinalou que “era fundamental dar cobertura a esta vacante para garantir a continuidade do servizo e seguir ofrecendo unha atención próxima, eficaz e de calidade a todos os veciños e veciñas que precisan apoio desde a área de Benestar”.

Desde o Concello continúase traballando na mellora da estrutura de persoal municipal, garantindo a estabilidade e correcto funcionamento de servizos fundamentais para a cidadanía.

Back to top