Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Ó OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS DIRIXIDO Á CIDADANÍA EN XERAL

O Local Social de Maiores acollerá o vindeiro mércores 3 de xuño de 16:30 a 20:00 horas o ‘Obradoiro de Primeiros Auxilios’ dirixido á cidadanía en xeral. As inscricións poderán realizarse na oficina de Servizos Sociais de Mugardos (2º andar do Concello) do 18 ó 29 de maio, e as prazas serán limitadas e se otorgarán por orde de inscrición. Adxúntase formulario de inscrición.

Os obxectivos deste obradoiro son adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos, e aclarar dúbidas referentes ós primeiros auxilios. O programa leva por título ‘Atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes‘ e explicarase cómo chamar ao 061, cómo actuar en caso de dor torácico. perda de coñecemento (derivada dun síncope ou un estado de coma), reanimación cardiopulmonar básica (en caso de atragantamento) e manexo do desfibrilador.

A médico base de A Coruña do FPUS 061, Maria Amparo González Blanco, será a encargada de impartir o obradoiro, e os participantes recibirán un diploma de asistencia.

Para máis información, pódese enviar un email ó seguinte enderezo: servizos.sociais@mugardos.gal ou chamar ó teléfono 981470338 (extensión 2017).

Back to top