Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS

O vindeiro luns 22 de setembro ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Culturais e Deportivas de Mugardos. As solicitudes poden formalizarse no 1º andar do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 981470338 (extensión 1).

A oferta de Escolas Deportivas para este curso 2025/2026 inclúe os seguintes deportes: Ioga, Ximnasia de mantemento, Baile moderno, Zumba, Patinaxe, Tenis de mesa e Xadrez.

Asimesmo, as Escolas Culturais ofertan as seguintes variedades: Teatro, Pintura, Obradoiro de contar, cantar e xogar, e Obradoiro de xogo e educación coa voz.

Tamén o luns 22 de setembro se abrirá o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música ‘As Lagoas’, ofértandose as seguintes actividades: Música e movemento, Iniciación Musical, Linguaxe musical e 1 instrumento, Linguaxe musical e 2 instrumentos, e Combo (coro e batucada).

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA ESCOLA DE MÚSICA ‘AS LAGOAS’:

SÁBADO 20 DE SETEMBRO: Para o alumnado de cursos anteriores.

SÁBADO 27 DE SETEMBRO: Para o novo alumnado, no suposto de que queden prazas libres.

Horario: de 10:00 a 12:00 horas. O alumnado dos Obradoiros de Contar, Cantar e xogar, e Xogando e educando a voz, non é necesario que asista ás xornadas de portas abertas.

Back to top