OBRADOIRO ESCOLAR DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS DENDE A EDUCACIÓN EMOCIONAL
O Concello de Fene e a agrupación de Concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa “Prevención e resolución de conflitos na aula desde a educación emocional”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
O obxectivo xeral do programa é formar e sensibilizar ao alumnado e as familias na prevención e resolución de conflitos tomando como base a educación emocional.
Os obxectivos específicos a tratar son:
- Sensibilizar e desenvolver habilidades sociais e emocionais para identificar e previr o acoso escolar.
- Desenvolver habilidades para resolver conflitos de forma saudable e respectuosa, a partir da educación emocional, a disciplina positiva e a comunicación no violenta.
- Dar a coñocer e poñer en práctica estratexias e ferramentas para a identificación e resolución de conflitos.
- Proporcionar ferramentas que melloren a comunicación e aprender a comunicarse de forma asertiva.
Ofertase ao alumnado de primaria. Ao longo do mes de xaneiro realizouse a presentación do programa nos centros escolares do municipio. O Obradoiro ten unha duración de tres sesións por grupo aula.
No mes de febrero tivo lugar a primeira sesión nos centros escolares do Concello de Mugardos que o solicitaron e nos outros dous concellos,
Durante o mes de marzo tanto no CEIP Santiago Apóstolo como no CEIP Unión Mugardesa desenvolveránse actividades prácticas, asi como reflexións grupais sobre situacións emocionais común. Discusión de casos prácticos. Xogo de roles para prácticar a empatía e, técnicas de comunicación efectiva.