Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DO ALUMNADO DO OBRADOIRO ‘REINICIA X’

Convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado traballador do Obradoiro dual de emprego REINICIA X do Concello de Mugardos.

1.- Finalidade e duración dos incentivos á contratación temporal por conta allea

Os incentivos  á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro dual de emprego “REINICIA X” do Concello de Mugardos, financiados a través da convocatoria 2023 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego da Consellería de Promoción  do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A contratación temporal terá unha duración mínima de tres meses a xornada completa

2.- Entidades beneficiarias dos incentivos á contratación

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empleadoras  e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas (traballadores/as autónomos/as), as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego (Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de carpintería e moble e Aplicacións de  vernices e lacas en elementos de carpintería e moble) e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servicios en centros de traballo radicados no ámbito territorial de Galicia.

3.- Financiamento

As subvencións obxecto desta convocatoria fináncianse cun crédito de 7.500,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 241.47000 do Orzamento do Concello de Mugardos

4.- Número de contratos que se van subvencionar e contía dos incentivos

O número máximo de contratos que se van a subvencionar é de 5 contratos. Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 euros por cada traballador/a, correspondente ao contrato mínimo de 3 meses a xornada completa

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Mugardos, no prazo de 15 días desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), a través da BDNS

 6.- Outros datos

A documentación a presentar así como o texto íntegro desta convocatoria estará dispoñible no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mugardos (https://mugardos.sedelectronica.gal)

Back to top