O CONCELLO SACA A LICITACIÓN AS OBRAS DE MELLORA DA RÚA CASÁS E O ALTO DE SIMOU
O Concello de Mugardos ven de sacar a licitación a obra de mellora dos viais municipais de Casás e Simou, incluida no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal ‘POS + ADICIONAL 2023’ por importe de 200.772,87€ e cun prazo de execución de 4 meses.
O obxectivo principal é a mellora do pavimento nos viais da rede municipal da rúa Casás, Simou e parque infantil e o Alto de Simou. As obras consisten na renovación do asfaltado, así como na canalización da rede de augas pluviais nos tramos precisos, incluíndo a súa vez a sinalización en todo o ámbito.