O PLENO APROBA A NOVA ESTRUCTURA DE GOBERNO DO CONCELLO DE MUGARDOS
Hoxe á mañá tivo lugar o pleno de organización do Concello de Mugardos, no que se aprobou a nova estructura de goberno, que quedou da seguinte maneira:
-Juan Domingo de Deus Fonticoba: Alcalde e concelleiro de Benestar Social, Educación e Igualdade.
-Ana Varela Bastida: 1ª tenente de alcalde e concelleira delegada de Facenda e Promoción Económica.
-José Miguel Mahía Prados: 2º tenente de alcalde e concelleiro delegado de Urbanismo, Rehabilitación, Mobilidade e Réxime Interior.
-Begoña Roldós Iglesias: 3ª tenente de alcalde e concelleira delegada de Cultura, Deportes e Turismo.
-Jorge Kuntz Peiteado: 4º tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Servizos, Medioambiente e TICs.
O goberno contará con 3 dedicacións exclusivas (unha menos que no anterior mandato) que será para o Alcalde, a concelleira de Facenda e o concelleiro de Obras, o que suporá un aforro de 8.727,33€/anuais con respecto á lexislatura anterior.
A proposta saíu adiante cos 5 votos do PP e 2 de Esquerda Unida, e os votos en contra do BNG e PSOE.