Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS APROBA O CONVENIO CON ARES PARA A XESTIÓN DO COMPLEXO ACUÁTICO DO CASTRO

Este protocolo permitirá dar continuidade á prestación conxunta do servizo entre Ares e Mugardos

A concelleira de Deportes, Begoña Roldós, informou da aprobación do convenio de colaboración entre os concellos de Ares e Mugardos para a xestión do Complexo Acuático do Castro, o que permitirá acometer entre outros obxectivos, as obras de consolidación do muro circundante e a ampliación da superficie de usos deportivos.

Este protocolo permitirá tamén a dotación de medios materiais que teñen quedado obsoletos, tras o aumento significativo das persoas usuarias, así como dar satisfacción ás novas demandas que a veciñanza ven manifestando.

Con este convenio desbloquearase o estudo e preparación da documentación contractual necesaria para levar a cabo unha nova licitación que integre todas as esixencias da normativa aplicable, as inversións, a necesidade de proceder á reinternalización do servizo, e de xeito simultáneo, a aprobación das derradeiras contas de explotación da actual concesionaria e liquidación do contrato.

“Temos que asegurar a realización de actuacións ordinarias e de inversión que garantan o mantemento e conservación das instalacións e a súa adecuación para acoller melloras de eficiencia enerxética e sostenibilidade, orientadas á reducción de custes e na senda dos obxectivos marcados pola Axenda 2030” sinalou a responsable municipal.

Roldós subliñou a necesidade de “potenciar a ventaxa competitiva que como territorio presenta o complexo acuático na fixación de poboación e en xeral, o aumento da calidade de vida da veciñanza en ambos concellos e o seu grao de satisfacción na prestación dos servizos públicos, tendo en conta os obxectivos acadados e a necesidade de dar continuidade á prestación conxunta dun servizo en termos de calidade e que teña en conta as demandas veciñais máis en termos de eficacia e eficiencia”.

Back to top