Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INTENSIFICA A LIMPEZA DAS BEIRARRÚAS

Nas últimas datas procedeuse tamén á limpeza da contorna do Pazo das Condesas

O concelleiro de Servizos, Jorge Kuntz, informou das tarefas de limpeza de beirarrúas que se está a desenvolver desde o seu departamento, con traballos repartidos por todas as parroquias e co obxectivo de deixar as zonas a punto de cara ao bo tempo.

As tarefas encomendadas, que veñen reforzar as tarefas de limpeza viaria habituais, van desde a eliminación de maleza e malas herbas, ata o lavado das lousas.

Esta actuación, que xa estaba programada para o pasado ano,  viuse afetada por diversos problemas administrativos que impediron a súa posta en marcha. “O obxectivo é ir mellorando pouco a pouco as beirarrúas que máis sucias estaban, e nalgúns puntos onde xa se iniciaron as actuacións o cambio é substancial” sinalou Kuntz.

O responsable do departamento de Servizos informou tamén da limpeza da contorna do Pazo das Condesas, que é responsabilidade do Concello pola titularidade municipal das fincas. “Son traballos complexos pola extensión dos terreos e a dificultade dos distintos elementos preexistentes, pero trátase dunha actuación imprescindible desde o punto de vista da salubridade e o mantemento do patrimonio inmoble”.

Back to top