Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS FELICITA A MANOLA PENA NO SEU 100 ANIVERSARIO

O Concello súmase ás celebracións coa entrega dunha placa e un ramo de flores

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e a concelleira de Benestar Social, Ana Varela, achegáronse onte ata o domicilio de Manuela Pena Sardiña (no Seixo) para renderlle unha pequena homenaxe no seu 100 aniversario coa entrega dunha placa e un ramo de flores.

Manola celebrou o seu centenario cun enorme soriso e compartindo charla e recordos cos presentes, moi ben rodeada da súa familia e agradecendo as merecidas mostras de cariño.

“É unha honra compartir momentos tan emocionantes e íntimos cos veciños e veciñas que celebran os 100 anos e sen dúbida, tamén é unha lección de vida. Hoxe foi Manola a que nos ensinou tanto coas súas anécdotas e a súa historia, e que bonito vivilas rodeada da familia” sinalou o rexedor.

Ana Varela pola súa parte revelou unha preciosa anécdota ao contar que “foi a propia Manuela a que pediu que desde o Concello lle déramos toda a publicidade posible ao seu aniversario sinalando que unha non cumpre 100 anos todos os días, e non podemos estar máis dacordo con ela” concluíu.

Back to top