Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CASINO MUGARDÉS ACOLLE A PRESENTACIÓN EN MUGARDOS DO LIBRO “COGOMELOS DA COMARCA DO ORTEGAL”

A presentación do libro de José Luis Cuba Crespo será o 10 de febreiro

A concelleira de Cultura Begoña Roldós informou hoxe da presentación do libro “Cogomelos da comarca do Ortegal” organizada polo seu departamento o próximo venres 10 de febreiro a partir das 19.00 horas no Casino Mugardés.

Á presentación asistirán como poñentes, o lugués autor da obra, José Luis Cuba Crespo, o cociñeiro vinculado ao mundo da micogastronomía, Antonio Díaz Calvo e Luis Antonio Vázquez Estévez, funcionario do patrimonio cultural.

A concelleira sinalou que “este tipo de eventos axúdannos a poñer en valor os cogomelos, un producto dos nosos montes, desde diferentes perspectivas, desde o seu aproveitamento gastronómico, ata o seu papel como elemento impulsor do turismo”.

Back to top