Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A TARDE DO SÁBADO HABERÁ XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO PAVILLÓN

De 17.00 a 19.00 horas os veciños e veciñas poderán practicar tiro con arco

23 DE SETEMBRO DE 2022. A concelleira de Deportes Begoña Roldós presentou hoxe a xornada de portas abertas que terá lugar mañá sábado de 17.00 a 19.00 horas para a práctica de tiro con arco no Pavillón Municipal do Cristo, da man da Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve de Carral.

Desde a concellería animan a grandes e pequenos a participar nesta actividade, que ten como obxectivo dar a coñecer un deporte completo e diferente, que coa súa práctica axuda a aumentar o autocontrol e a capacidade de concentración, favorece a coordinación entre brazos e ollos, e axuda ao desenvolvento dos reflexos, entre outros moitos beneficios.

O tiro con arco é unha das actividades incluídas entre a ampla proposta das escolas deportivas municipais para o curso 2022-2023, e que o concello organiza en colaboración coa Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve de Carral.

Back to top